O goberno de Vigo inicia a mellora dos carrís laterais da Avenida de Madrid
Unha vez recibida a autorización de Fomento o pasado 1 de abril, Abel Caballero informou esta mañá do inicio dos traballos de mellora dos carrís exteriores do principal acceso á cidade, toda vez que o Concello recibiu hoxe un escrito do Ministerio rexeitando facerse cargo da humanización de toda a Avenida.
O goberno de Vigo iniciou este martes os traballos de mellora dos carrís laterais da Avenida de Madrid, segundo informou Abel Caballero, unha vez recibida a autorización de Fomento o pasado 1 de abril e coincidindo coa recepeción, hoxe martes, dun escrito do secretario de Estado de Infraestruturas reiterando o rexeitamento do Ministerio a humanizar o vial ou transferir a súa titularidade ao Concello coa dotación económica que contempla a normativa legal.
O pasado 12 de marzo, o Concello solicitou autorización a Fomento para actuar nos carrís exteriores, autorización outorgada xusto antes de Semana Santa, o 1 de abril. Así, este mesmo martes iniciáronse os traballos, financiados polo Concello de Vigo, mentres que os arranxos dos carrís centrais quedarán pendentes porque Fomento se inhibe e "non" atende "á cuestión máis importante en materia de estradas que ten pendente en Vigo", censurou Abel Caballero.