O Auditorio Municipal acolle o 8 de abril unhas xornadas profesionais de defensa do laboratorio no novo hospital
O rexedor avanzou esta mañá a colaboración do Concello na organización dunhas xornadas profesionais de defensa do laboratorio no novo hospital de Vigo que se está a contruir en Beade. Serán o 8 de abril no Auditorio do Concello e a entrada será libre.
O alcalde respalda a opinión dos profesionais que aseguran que non se pode abrir un hospital en Vigo sen laboratorio, en referencia ao que se está a construír en Beade e, polo tanto, o goberno local cooperará nunhas xornadas profesionais de defensa do laboratorio no novo hospital de Vigo que se van celebrar o próximo mércores 8 de abril no Auditorio Municipal, con entrada libre. Tal e como explicou Caballero, este congreso científico, organizado por profesionais do Chuvi, reunirá aos expertos dos máis prestixiosos hospitais de toda España para centrar a atención en que os laboratorios clínicos son pezas inseparables dos hospitais ou outras cuestións como se é posible falar dunha atención de calidade nun centro sen microbioloxía.