O Concello coopera na homenaxe aos avogados laboralistas Elvira Landín e Fernando Randulfe
O goberno local sumase ao recoñecemento que a Fundación 10 de Marzo e CCOO organizan o próximo 10 de xuño no Auditorio Afundación aos avogados laboralistas Elvira Landín e Fernando Randulfe. Na presentación da homenaxe, Caballero destacou o compromiso destes profesionais cos dereitos dos traballadores xa na etapa do franquismo. <br />
A Fundación 10 de Marzo e a Unión Comarcal de Vigo, en colaboración co Concello de Vigo, organizan unha homenaxe aos avogados laboralistas Elvira Landín e Fernando Randulfe. Estes profesionais, segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, comezaron a traballar nun despacho laboralista en Vigo nos inicios dos 70, en pleno franquismo e desde o primeiro momento, puxérono ao servizo dos traballadores e traballadoras da cidade. O acto contará coa presentación do doutor en Ciencias Económicas Xoán López Facal e, como actividade paralela, o historiador José Gómez Alén está a elaborar un libro biográfico adicado aos homenaxeados.
Na presentación desta iniciativa tamén interviron Xan María Castro, presidente da Fundación 10 de Marzo e ex secretario xeral de CCOO Galicia e Amelia Pérez, secretaria xeral da Unión Comercal de CCOO de Vigo.
Descargar todas as imaxes
Na presentación desta iniciativa tamén interviron Xan María Castro, presidente da Fundación 10 de Marzo e ex secretario xeral de CCOO Galicia e Amelia Pérez, secretaria xeral da Unión Comercal de CCOO de Vigo.