Escoitar

O Concello acomete un plan de sinalización horizontal en todo Vigo en máis de 40 rúas

O Concello está acomentendo un plan de sinalización horizontal no casco urbano e nas parroquias cun orzamento de case 300.000 euros. O rexedor incidiu en que estes pintados supoñen un elemento de seguridade fundamental.

luns, 6 abr 2015
O alcalde deu conta esta mañá da posta en marcha dun plan de sinalización horizontal cun orzamento de preto de 300.000 euros. Logo de explicar que estes pintados supoñen un elemento de seguridade fundamental, Caballero enumerou algunhas das máis de 40 rúas que se van mellorar no contorno urbán e nas parroquias. No cascu urbano actuarase nas seguintes rúas: Fragoso, Isaac Peral, Travesía de Vigo, Alfonso XIII, Carmen, Cesáreo González, Falperra, Fernando Conde, Florida, Pablo Iglesias, Sanjurjo Badía, Tarragona, avenida Castrelos, Cánovas del Castillo, Montecelo Baixo, Teixugueiras, Aeroporto, Severino Cobas, Regueiro ou Jenaro de la Fuente. Asimesmo, tamén se renovará a sinalización horizontal de distintas rúas das seguintes parroquias: Valladares, Beade, Sárdoma, Sampaio, Zamáns, Oia, Cabral, Bembrive, Candeán, Alcabre, Saiáns, Coruxo, Comesaña, Salgueira, Navia, Castrelos, Matamá e Freixo.