mércores, 8 abril 2015

Concello e AGEINCO organizarán un evento profesional en Vigo a finais de ano

mércores, 8 abr 2015

O alcalde de Vigo recibiu este mércores á nova diretiva da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO). Caballero salientou a "capacidade de xeración de emprego de calidade e valor engadido" deste sector e adiantou que ambas entidades colaborarán na organización a finais de ano dunha "gran reunión de profesionais" na cidade.

Actividades da Concellería de Igualdade

mércores, 8 abr 2015

O Centro de Documentación e Recursos Feministas programa un encontro sobre a poeta támil Thamizhachi Thangapandian o mércores día 8 ás 19.00 horas e un faladoiro do documental "Las maestras de la República" o día 9 de abril ás 18.00 horas.