O goberno local coopera co finanzamento dos pisos de reinserción de Érguete con 45.000 euros
O alcalde deu conta esta mañá do acordo de colaboración con Érguete de 45.000 euros para financiar os pisos de apoio á reinserción de ex toxicómanos en tratamento. Destacou o compromiso do goberno local na loita contra a drogodependencia que adica a Cedro un millón de euros ao ano, a pesar de que as competencias sanitarias no son municipais, senón autonómicas. <br />
Abel Caballero e Carmen Avendaño asinaron esta mañá un acordo de colaboración de 45.000 euros para sufragar as actividades dos pisos de apoio á incorporación social de ex toxicómanos en tratamento. Tal e como explicou o rexedor na posterior rolda de prensa, o compromiso do goberno local en materia de drogodependencias é absoluto, referíndose ao millón de euros que anualmente se adican ao mantemento de Cedro (Unidade Asistencial de Drogodependencias), a pesar de que as competencias sanitarias son autonómicas e non municipais. Neste punto, tamén destacou o recoñecemento nacional que obtivo a cidade o pasado mes de decembro cando recibiu o Primeiro Premio de Boas Prácticas en Drogodependencias, concedido pola Delegación do Goberno para o Plan sobre Drogas e a FEMP.
Descargar todas as imaxes