Escoitar

O Concello programa este sábado unha visita guiada ás Illas Cíes para 210 persoas

Segundo informou o alcalde este martes, xa está aberta a inscripción para apuntarse á xornada de turismo sostible e cultural que organiza o goberno local este sábado, 11 de abril. O Concello programa 210 prazas con 12 monitores en paseos sonoros, artísticos e de natureza, para levar turistas ás Cíes en tempada baixa e diversificar a oferta.

martes, 7 abr 2015
O Concello de Vigo abriu onte luns o prazo de inscripción para as 210 prazas ofertadas para a visita deste sábado ás Cíes, dentro do programa municipal de turismo sostible e cultural nas illas, reservas a formalizarse na oficina de turismo de Cánovas del Castillo.

O goberno local reserva 70 prazas para os paseos sonoros, outras tantas para debuxo e puntura e fotografía da natureza, e 70 máis para o percorrido "descubrindo a natureza", todos eles guiados por 12 monitores, que encabezan o equipo técnico xunto a membros de Protección Civil e a Cruz Vermella.

Abel Caballero indicou que este programa busca diversificar o turismo nas Cíes, ofrecendo novas propostas no arquipélago vigués en tempada baixa. A experiencia "extraordinaria" colleitada nunha das visitas xa realizadas ten continuidade este sábado, salientou o rexedor.