Caballero anuncia unha "cooperación activa" no centenario do Comesaña, que arrincou hoxe de forma oficial
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o edil de Deportes, Manel Fernández, recibiron hoxe a unha numerosa representación da xunta directiva, cadro técnico e atletas do Comesaña Sporting Club, como acto inicial do seu centenario (1915-2015).
Tras saudar a deportistas e presidente, Caballero, que se amosou "encantado" pola exitosa traxectoria da entidade de San Andrés de Comesaña, chanceou con algúns dos atletas ("ti gañas sempre", díxolle á veterana Soledad Castro), demostrando estar ao tanto dos excelentes resultados do club.
O Comesaña relacionou ante alcalde e concelleiro os oito eventos que decidiu organizar ao longo do ano para dar lustre ao centenario. Ademais, entregoulle ao rexedor un histórico banderín que o club deseñou en 1965 polas Vodas de Ouro (medio século de existencia) e agradeceu ser recibido oficialmente, contando de xeito anecdótica que cinco décadas antes a entidade non tivo tal trato do primeiro edil, Rafael Portanet en 1965.
Caballero anunciou en conferencia de prensa que "cooperaremos activamente no centenario e trataremos de que todo Vigo saiba das gestas do club". Para o alcalde, esta efemérides "é da maior importancia na cidade polo que significou o Comesaña e segue a significar un club que é capaz de ter aos e ás mellores a nivel de elite pero tamén unha base importantísima".
O alcalde dixo que o Comesaña é "un club de boa saúde e precarias finanzas", ao que o Concello apoiará. E vinculou a axuda financeira ao próximo orzamento municipal.
Descargar todas as imaxes