martes, 7 abr 2015
Unha vez recibida a autorización de Fomento o pasado 1 de abril, Abel Caballero informou esta mañá do inicio dos traballos de mellora dos carrís exteriores do principal acceso á cidade, toda vez que o Concello recibiu hoxe un escrito do Ministerio rexeitando facerse cargo da humanización de toda a Avenida.
martes, 7 abr 2015
Segundo informou o alcalde este martes, xa está aberta a inscripción para apuntarse á xornada de turismo sostible e cultural que organiza o goberno local este sábado, 11 de abril. O Concello programa 210 prazas con 12 monitores en paseos sonoros, artísticos e de natureza, para levar turistas ás Cíes en tempada baixa e diversificar a oferta.
martes, 7 abr 2015
O alcalde deu conta esta mañá do acordo de colaboración con Érguete de 45.000 euros para financiar os pisos de apoio á reinserción de ex toxicómanos en tratamento. Destacou o compromiso do goberno local na loita contra a drogodependencia que adica a Cedro un millón de euros ao ano, a pesar de que as competencias sanitarias no son municipais, senón autonómicas. <br />