xoves, 9 abr 2015
No marco do Día Mundial, e co obxectivo de facer fincapé na sensibilización e na prevalencia, a Fundación Menela celebrou este xoves no auditorio do Concello un evento lúdico e reivindicativo coa participación de decenas de rapaces da entidade. O alcalde, Abel Caballero, encabezou a representación institucional, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva, edís da Corporación viguesa e membros das administracións provincial e autonómica.
xoves, 9 abr 2015
O rexedor asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Asociación de amas de casa e consumo Agarimo para cooperar na financiación de proxectos e actividades sociocomunitarias, culturais e formativas. O importe da subvención ascende a 13.000 euros.
xoves, 9 abr 2015
Dende o pasado día 20 de marzo e ata o 22 de maio, estase a desenvolver no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) a programación de artes escénicas "Vigocultura", dirixida tanto a público adulto (venres) como a público familiar (domingos), organizada dende a Concellería de Cultura, Festas e Museos.