Escoitar

O goberno de Vigo adxudica os servizos de dinamización infantil de Coia e a Casa da Xuventude

O alcalde deu conta este xoves da adxudicación da contratación dos servizos de dinamización infantil do Polideportivo de Coia e da Casa da Xuventude. O contrato é por catro anos e o custo é de preto de medio millón de euros.

xoves, 9 abr 2015
A Xunta de Goberno local deu luz verde á adxudicación do procedemento aberto para a contratación dos servizos de dinamización infantil do Polideportivo de Coia e da Casa da Xuventude. Cun orzamento de preto de medio millón de euros, cada centro acolle a 50 nenos de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, o que supón unha novidade xa que ata o de agora a idade mínima era de 7 anos. El rolda de prensa, o rexedor lembrou que a esas dúas ludotecas de xestión municipal, hai que sumar a de Coruxo, Lavadores e APAMP, financiadas íntegramente polo Concello.

O rexedor, asimesmo, avanzou a colocación na cidade doutros 200 bancos por distintas rúas entre as que se atopan a rúa Príncipe e a Porta do Sol, onde xa foron instalados. Deste xeito, explicou, dase resposta a unha reiterada petición da moitos veciños que solicitaban un lugar no que sentarse na rúa Príncipe dado que non hai bancos desde que foran retirados hai dez anos, puntualizou.