O Concello coopera coa casa de acollida dos Hermanos Misioneros con 114.000 euros
O alcalde asinou esta mañá un convenio de colaboración de 114.000 cos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres. O obxectivo, explicou na posterior rolda de prensa, é cooperar na financiación da Casa de Acollida que esta institución xestiona en Vigo.
O Concello achega 114.000 euros para financiar a Casa de Acollida e o albergue que os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres xestionan na avenida de Galicia. Tal e como explicou o rexedor logo da sinatura do convenio, durante a reunión constatouse a "fluidez" da cooperación entre esta institución e o albergue municipal. Cando calquera usuario supera os 10 ou 15 días de estancia máxima -establecido no réxime de todos os albergues-, estes rotan entre as dúas intalacións polo que "en Vigo ninguén durme na rúa a non ser que o elixa de xeito voluntario", e puntualizou que, neses casos, estas persoas reciben atención de día para garantir ao máximo a súa seguridade. Caballero lembrou que o albergue de Marqués de Valterra está financiado íntegramente con fondos municipais e que a máxima achega que reciben os Hermanos Misioneros procede tamén do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes