Caballero reivindica a Vigo como o concello coa política social "máis intensa" de España
O alcalde de Vigo asinou hoxe martes un convenio de 46.000 euros co Comedor da Esperanza, proseguindo coas achegas a comedores sociais da cidade aos que o goberno local adica 446.000 euros. En rolda de prensa, destacou que Vigo é o concello coa política social "máis intensa" de toda España, logo de asegurar que con apoio municipal no ano 2014 servíronse 161.000 comidas nas distintas ONGs da cidade.
O goberno local adica aos comedores sociais da cidade 446.000 euros, a mesma cantidade que o ano pasado e que serviu para servir unhas 161.000 comidas en distintas ONGs da cidade. Así o explicou Caballero logo de asinar un convenio de 46.000 euros co Comedor da Esperanza, que se suma ao que rubricou onte con AFAN por 110.000 euros. Nos próximos días tamén se asinarán convenios cos Misioneros de los hermanos pobres -114.000 euros-, Banco de Alimentos -126.000 euros e Vida Digna, con 90.000 euros. Caballero destacou a Vigo como o concello coa política social "máis intensa" de España, lembrando que foi a única cidade capaz de abrir un albergue en época de crise, costeado íntegramente polo Concello e que inclúe servizo de comidas o que eleva a máis de medio millón de euros os apoios a comedores sociais.
En rolda de prensa, o rexedor destacou que con apoio municipal durante 2014 se serviron na cidade 161.000 comidas para persoas sen recursos, entre as que destacan as 23.000 que se ofreceron no Centro de Inclusión; 55.000, no Hogar San José, máis de 16.000 en Vida Digna e preto de 66.000 nos Misioneros de los hermanos pobres. Ademais, a través desta ONG, o Concello entrega cada quince días un paquete de alimentos a 80 familias.
Descargar todas as imaxes