Escoitar

O goberno local achega preto de medio millón de euros a cinco comedores sociais da cidade

O Concello triplicou as achegas en comedores sociais, bolsas de comedor e convenios con organizacións sociais desde o ano 2012, pasando dos 1,5 a 4,1 millóns. Hoxe mesmo, Caballero asinou con AFAN un convenio por 110.000 euros e o montante total que o goberno local adica a comedores sociais ascende a preto do medio millón de euros, segundo explicou esta mañá en rolda de prensa.

luns, 6 abr 2015
1428325378AFAN.JPG
O alcalde de Vigo asinou esta mañá un convenio de 110.000 euros coa Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado (AFAN), e avanzou que no próximo orzamento haberá unha partida a maiores para cooperar co funcionamento administrativo desta ONG que ten unha estrutura que non é capaz de manter. Caballero proseguiu anunciando que nos próximos días iranse rubricando acordos co resto de comedores sociais da cidade, aos que o Concello destiña preto de medio millón de euros. Concretamente, Misioneros de los hermanos pobres recibirá 116.000 euros, o Comedor de la Esperanza, 46.000 euros, o Banco de Alimentos, 126.000 euros e outros 20.000 de aluguer; e, por último, Vida Digna, recibirá 90.000 euros. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, desde 2012 multiplicáronse por tres as achegas para comedores sociais, bolsas de comedor e convenios con organizacións sociais, pasando de 1,5 a 4,1 millóns.

Tamén se referiou ao case millón de euros que recibe anualmente o Centro de Inclusión Social de Marqués de Valterra. Lembrou que estas instalacións abríronse baixo o seu mandato e detallou as importantes funcións que desenvolve: albergue (aloxamento), centro de acollida e inclusión, comedor social, centro de atención social continuada, centro de día de inclusión social, unidade de rúa e unidade de hixiene.

Descargar todas as imaxes