Escoitar

Os 140 beneficiarios do programa Vigo Emprega I empezarán a traballar nunha semana

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a contratación dos 140 beneficiarios da primeira quenda do programa Vigo Emprega I. Estes traballadores incorporaranse ás súas tarefas no prazo dunha semana, segundo avanzou o rexedor, quen recordou que esta iniciativa municipal conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

mércores, 1 abr 2015
O alcalde deu conta da aprobación, na Xunta de Goberno Local deste mércores, da contratación de 140 traballadores en base ao programa Vigo Emprega I, cun orzamento municipal de 1,5 millóns de euros.

Segundo revelou Abel Caballero esta mañá, os contratados desenvolverán por distintos puntos da cidade funcións de albañilería, palista, fontaneiros, electricista, xardineiro, pintor, canteiro e mecánico, entre outras, e poderían comezar o seu traballo no prazo dunha semana.