Escoitar

O alcalde comprométese a cubrir os recortes da Xunta na loita contra a violencia machista

O rexedor trasladou o seu "total rexeitamento" polas cinco mortes por violencia de xénero rexistradas en España en menos de 24 horas. Logo de manter unha reunión coa presidenta da Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos, Caballero comprometeuse a asumir os recortes que está a realizar a Xunta na loita contra a violencia machista.

martes, 31 mar 2015
1427803008violencia.JPG
Caballero reiterou o compromiso do goberno local na loita contra a violencia de xénero, asumindo incluso os recortes que está a realizar a Xunta de Galicia nesta materia. O rexedor cualificou amosou o seu ""total rexeitamento" polas cinco mortes rexistradas en España en menos de 24 horas, logo de manter un encontro coa presidenta da Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos, Rosa Fontaíña.

En declaracións aos medios, Caballero explicou que o Concello traballa moito na prevención con obradoiros e xornadas formativas en centros educativos, en asociacións de veciños e na Casa das Mulleres. Ao mesmo tempo, mantense o apoio ao Centro de Emerxencias, os pisos de acollida, as axudas directas, así como a EVAP, con 6 axentes que vixían e protexen a preto de 140 mulleres vítimas de violencia de xénero.

Descargar todas as imaxes