O PP aproba unha moción instando ao Concello a adherirse ao transporte metropolitano
O Partido Popular sacou adiante en solitario unha moción instando ao goberno local a realizar xestións para adherirse ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. A moción acadou o voto en contra do PSOE e a abstención do BNG.
Os votos do grupo popular deron luz verde a unha moción na que se insta ao alcalde a realizar xestións para adherirse ao Plan de Transporte Metropolitano, un texto que acadou o voto en contra do PSOE e a abstención do BNG. Cunha votación similar saíu adiante outra das mocións do PP, neste caso sobre o cobro da auga. A moción insta ao alcalde a facer público o estudo da Universidade de Vigo para cobrar só pola auga consumida e proceder á modificación da ordenanza fiscal para que permita aplicar o cobramento do recibo bimensual.
O Partido Popular tamén aprobou esixir ao goberno local un Plan de Emprego Xuvenil que garanta que os fondos orzamentarios acaden unha maior empregabilidade dos mozos. Tanto o PSOE como o BNG votaron en contra do texto. Os populares, sen embargo, se atoparon o apoio dos nacionalistas -e o voto contrario dos socialistas-, nunha moción urxente na que instan ao goberno local a priorizar as campañas de información e formación en seguridade vial e tráfico, fronte aos procedementos sancionadores.