Escoitar

Ciclo de concertos "Música e Resistencia" da Orquesta Clásica de Vigo

A Concellería de Cultura, Festas e Museos colabora coa Orquestra Clásica de Vigo no ciclo de concertos "Música e Resistencia", onde se tratarán as obras de distintos compositores desde un punto de vista temático. O fío condutor que aborda a música como elemento xerador de identidade en tres escenarios posibles.Co gallo da celebración da Reconquista da Vila de Vigo, o ciclo comeza o día 28 de marzo, ás 21.00 horas, na Colexiata, con dúas obras que fan referencia a este momento histórico fundamental para a nosa cidade.

venres, 27 mar 2015
1427458739cicloconcertos.jpg
PROGRAMA I

Celebración da Reconquista de Vigo

Co gallo da celebración da Reconquista de Vigo propoñemos empezar o ciclo de concertos da Orquesta Clásica de Vigo con dúas obras que fan referencia a este momento histórico fundamental para a cidade de Vigo. Iniciarase o concerto coa Batalla de Wellington, composta por L. V. Beethoven en 1813, trá­tase dunha obra que fai referencia á batalla de Vitoria da Guerra de Independecia, un momento crucial para a historia de Europa pois é o principio do fin do Imperio Napoleónico.

En segundo lugar representaremos un Te Deum, obra coa que os vigueses e viguesas celebraron o 29 de marzo de 1809 o triunfo fronte ao Cristo da Vitoria. O inicio da guerra e o festexo posterior e loito pos­terior. Con estas dúas obras ponse de manifesto a importancia da música como elemento unificador dun pobo que se levanta contra un invasor.

Ludwig Van Beethoven (1770-1827)

WELLINGTONS SIEG, ODER DIE SCHLACHT BEI VITTORIA.Op. 91 (1813)

-Victoria de Wellington, uo a Batalla de Vittoria –

- Part I: Slacht

Marcia: Rûle Britania

Marcia: Malborough

Slacht – Allegro

Strum-Marsch – Allegro assai

- Part II: Sieges – Symphonie

Intrada – Allegro ma non troppo

Marc-Antoine Charpentier (1636-1704)

TE DEUM -H.146- (1678-1681)

I. Prélude

II. Te Deum laudamus

III. Te aeternum Patrem

IV. Te per orbem

V. Tu de victo mortis

VI. Judex crederis

VII. Aeterna fac cum sactis

VIII. Dignare Domine

IX. In te Domine speravi.
Descargar todas as imaxes

Máis información