venres, 27 marzo 2015

Ciclo de concertos "Música e Resistencia" da Orquesta Clásica de Vigo

venres, 27 mar 2015

A Concellería de Cultura, Festas e Museos colabora coa Orquestra Clásica de Vigo no ciclo de concertos "Música e Resistencia", onde se tratarán as obras de distintos compositores desde un punto de vista temático. O fío condutor que aborda a música como elemento xerador de identidade en tres escenarios posibles.Co gallo da celebración da Reconquista da Vila de Vigo, o ciclo comeza o día 28 de marzo, ás 21.00 horas, na Colexiata, con dúas obras que fan referencia a este momento histórico fundamental para a nosa cidade.

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A ADXUDICACION DE PRAZAS PARA A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA "VIGO EN INGLÉS 2015" DIRIXIDAS AO ALUMNADO DE 3

venres, 27 mar 2015

A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente do 11 de marzo de 2015 aprobou as "Bases reguladoras e convocatoria específica para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa – Vigo en Ingles", para o ano 2015, dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos". (expte. 16838-332)