Escoitar

O Verbum acollerá os traballos realizados por escolares dentro do Programa de medianeiras

O alcalde avanzou esta mañá que os traballos dos escolares que participaron nas actividades do Programa de tratamento de medianeiras e outros espazos públicos serán expostos no museo Verbum. O alcalde amosou algúns destes deseños durante a visita a Hispanidad, 66 onde o artista Liqen está a decorar unha das medianeiras que se están convertendo en obras de arte na rúa.

venres, 27 mar 2015
1427459867medianera.JPG
O museo Verbum acollerá os traballos que realizaron os nenos e nenas de Vigo durante as actividades complementarias do Programa de tratamento de medianeiras e outros espazos públicos. O rexedor amosou aos medios de comunicación fotografías de varios traballos que se realizaron dentro dos centros escolares ou nos obradoiros que se organizaron na rúa.

Caballero felicitou a todos os artistas que forman parte deste proxecto, durante a visita que realizou esta mañá á Hispanidad, 66 onde o consolidado artista Liquen está a realizar o que xa é unha obra de arte na rúa. Logo de felicitar ao pintor, Caballero lembrou que nestes momentos están a rematar os traballos artísticos iniciados na rúa Zaragoza, Martínez Garrido, Vía Norte, colexio Illas Cíes, Navia, Parque Camilo José Cela, Blein Budiño, Don Quixote, Pinacoteca, Llorente, Urzáiz, Areal e Pintor Laxeiro.

O alcalde estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e os concelleiros de Cultura e Fomento, Cayetano Rodríguez e David Regades, respectivamente.
Descargar todas as imaxes