Escoitar

Pleno da Corporación sesión ORDINARIA

venres, 27 mar 2015

PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 5


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 30 de MARZO de 2015, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (Acta ordinaria do 9.02.2014).


1.1.- Toma de posesión da concelleira do grupo municipal do Partido Popular, dona Carlota Muñoz Posse. Expte. 1077/1101


.- Intervención de dona Carmen Albo López para expor a problemática do traslado dos laboratorios centrais do "CHUVI" ao hospital do Meixoeiro. Expte. 1050/1101.


2.- Declaracións institucionais.



3.- Ditames das comisións informativas:


EMPREGO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ
3.1.- Proposta de adhesión á Rede de Entidades Locais pola Transparencia e Participación Cidadá da FEMP. Expte. 20/1102 (Rexistro Pleno 1073/1101)

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.2.- Dar conta do Decreto da Alcaldía de data de 11.03.15 polo que se aproba o perímetro de Consolidación e os marcos orzamentarios para o período 2016-2018. Expte. 102498/140 (Rexistro Pleno 1066/1101)

3.3.- Dar conta da Memoria do Tribunal Económico-Administrativo do exercicio 2013. Expte. 857/1101


CULTURA
3.4.- Denominación do Pavillón Municipal de Bouzas como "Pavillón Municipal Pablo Beiro". Expte. 1078/1101.

3.5.- Colocación de Placa conmemorativa na casa onde viviu o doutor Manuel Millán e Millán. Expte. 1079/1101.



4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.


5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG instando ao goberno galego a realizar as actuacións para esixirlle a POVISA a readmisión de 13 persoas do seu cadro de persoal e demais acordos complementarios. Expte. 1071/1101

5.2.- Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a concertar un Plan de Emprego específico para a cidade atendendo ás características de área industrial e de servizos como a de Vigo. Expte. 1058/1101.

5.3.- Moción do grupo municipal Socialista instando ao Goberno do Estado a paralizar a reforma do Regulamento do Rexistro Mercantil e manter a situación actual. Expte. 1072/1101.

5.4.- Moción do grupo municipal Socialista instando á Consellería de Sanidade e ó goberno da Xunta de Galicia adopte medidas urxentes para poñer fin ao deterioro da Sanidade Pública na nosa área e evite o seu progresivo desmantelamento. Expte. 1076/1101.


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta da resolución do concelleiro de Xestión Municipal, de data 12.03.2015, referente ao número de postos de traballo do cadro de persoal municipal reservados ao persoal eventual. Expte. 1067/1101.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao Alcalde a facer público o estudo da Universidade de Vigo para cobrar só pola auga consumida e proceder á modificación da ordenanza fiscal para que permita aplicar o cobramento do recibo bimensual. Expte. 1068/1101

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno municipal a articular un Plan de Emprego Xuvenil que garanta que os fondos orzamentarios acaden unha maior empregabilidade dos mozos. Expte. 1069/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao Alcalde a realizar xestións para adherirse ao Plan de Transporte Metropolitano de Vigo. Expte. 1070/1101


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día TRINTA DE MARZO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 25 de marzo de 2015
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,



Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.