luns, 23 mar 2015
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns, segundo informou a tenente de alcalde, Carmela Silva, deu luz verde aos programas de traballo e plans de control de calidade da cuberta das escaleiras mecánicas de II República, a mellora da rúa Saa-Beade e a humanización da Avenida Hispanidade, entre Zamora e Gran Vía, que concluirán entre maio e xuño. "Humanizamos o centro e tamén humanizamos o rural", salientou Silva.
luns, 23 mar 2015
Abel Caballero avanzou este luns a elección do xuiz Ventura Pérez Mariño como pregoeiro da Festa da Reconquista deste ano, quen foi alcalde da cidade e maxistrado da Audiencia Nacional, "un home do mundo das ideas, do mundo da cultura" que "sempre estivo na súa cidade, traballando por Vigo", asegurou o rexedor vigués.
luns, 23 mar 2015
Coincidindo co Día Mundial da Auga, goberno local e concesionaria entregaron este luns os premios da XII Edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil. O certame alcanzou nesta edición máis de 30.000 visitas e un millón de páxinas vistas no microsite "A auga necesita de heroes coma ti".
luns, 23 mar 2015
A Xerencia de Urbanismo validou o pasado venres o Plan Inicial da Colonia Histórica "La Soledad", no entorno da Avenida Hispanidade e do Castro, texto que afecta a máis de 63.000 metros cadrados e comprende 44 vivendas, un edificio sanitario e a igrexa. Con este paso, o goberno de Vigo busca preservar a integridade arquitectónica e paisaxística do entorno.
luns, 23 mar 2015
O Concello achegou hoxe a Reconquista aos alumnos de 5º e 6º a través do programa Vigohistoria, unha unidade didáctiva sobre o acontecemento histórico da Reconquista. Tal e como explicou a tenente de alcalde en declaracións aos medios, esta iniciativa está a desenvolverse en 15 centros públicos da cidade.
luns, 23 mar 2015
A Concellería de Igualdade organiza o ciclo de charlas "Galegas na Ciencia" que terá lugar os días 24 de marzo con Carmen García Mateo; o 14 de abril con África Gonzálrz Fernánez e o día 28 de abril con Ana Ulla Miguel. As charlas celebraranse no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo ás 19 horas.