Comezan este fin de semana as actividades da Festa da Reconquista
Como principal novidade este ano, a programación repartirase en dúas fin de semanas, celebrándose actuacións e concertos o sábado 21 e domingo 22 xunto coa representación da destitución da corporación e invasión do exército francés, e unha charla-coloquio sobre a Invasión francesa en 1809 o martes 24 no edificio Cambón.
As 17:30 horas do sábado 21, terá lugar na Praza do Bebés o Certame de cancións de taberna. Será continuado ás 21:00 horas polas actuacións musicais dos grupos "Trio Liro" e "Os Carunchos".
O domingo 22 na Praza do Berbés abrirá a sesión ás 12:00 horas as actuacións do grupo "Dos Catro Quintos", seguido da representación da "destitución da corporación" e a "invasión do exército francés". Ás 13:00 horas, actuará o "Orfeón Marinero del Berbés" , xusto antes da Comida da Reconquista, que comezará ás 14:30.
A Reconquista é unha das festas máis importantes e simbólicas da cidade. Ademáis das actividades programadas, o Casco Histórico converterá as súas rúas en auténticos espazos medievais, onde mercados, espectáculos e vigueses caracterizados época serán parte da cidade. A ampliación da Reconquista buscará tamén potenciar o comercio local, aproveitando o atractivo da celebración durante toda a semana.
Descargar todas as imaxes