Escoitar

O Concello xa cooperou na instalación de 15 ascensores en edificios de Coia

Abel Caballero achegarase esta tarde á posta en funcionamento dun ascensor nun edificio de Coia. Ata o de agora o Concello xa cooperou na instalación de 15 elevadores facilitando os trámites e aplicando desgravacións fiscais.

xoves, 19 mar 2015
O Concello colaborou xa na posta en funcionamento de 15 ascensores en Coia, cunha desgravación fiscal no Imposto de Construccións de 1.000 euros por instalación, coa posta en marcha dunha Ventanilla única para a tramitación das axudas e facilitando as licenzas en 15 días. O rexedor defendeu esta actuación municipal porque estes ascensores permiten saír á rúa e facer unha vida normal a persoas que antes non podían deixar a súa casa. Neste punto, criticou á Xunta por negar estas achegas.