Escoitar

Convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais 2015

Tras a publicación o día 19 de marzo de 2015 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2015 (aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 6 de marzo de 2015), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes da antedita convocatoria. <br />

xoves, 19 mar 2015
Os interesados en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes establécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 20 de marzo ao 8 de abril de 2015, ambos incluidos.

Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formulario está dispoñibel nos servizos de información do Concello de Vigo, nas páxinas web (www.vigo.org /vigocultura.og) e no servizo de Festas.