martes, 17 mar 2015
O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, visitaron este martes algunhas das actuacións complementarias incluidas no programa de tratamento de medianeiras e outros espezos urbanos, neste caso, escolares pintando paneis no mercado de Teis e o alumnado do Pintor Laxeiro participando no mural dun dos muros do colexio.
martes, 17 mar 2015
Despois dunha visita ao colexio Igrexa-Valladares, onde se desenvolve este martes a formación sobre a historia da Reconquista, o alcalde de Vigo, Abel Caballero anunciou a intención do goberno local de continuar coa celebración do programa ata finais de curso, debido á alta demanda do mesmo por parte dos centros escolares.
martes, 17 mar 2015
O alcalde de Vigo asinou seis proxectos de colaboración con outras tantas entidades deportivas de élite por importe de 360.000 euros. Esta achega é unha parte da partida de 600.000 euros que o Concello adica as categorías máis altas do deporte vigués, unha cantidade á que hai que sumar o preto de medio millón de euros destiñado ao deporte de base.
martes, 17 mar 2015
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez Escudero, particpou este martes na presentación de "Keltia O Musical", que se representará no teatro Afundación este sábado, ás 20:30 horas, coa colaboración do Concello de Vigo. O espectáculo contará co actor Bruxo Queiman, a voz de Andrea Pousa e a música da Banda Keltia.