O goberno local ultima os trámites para renovar o parque infantil de Castrelos
A Xunta de Goberno Local, tal e como informou este luns Abel Caballero, vén de aprobar o plan de seguridade e saúde da remodelación do parque infantil de Castrelos, un dos últimos trámites administrativos previos ao inicio da obra. Ademais o goberno local acordou o inicio das humanizacións de Manuel Núñez e da rúa Robleda.
O goberno de Vigo, nunha sesión celebrada o pasado venres, aprobou os plans de seguridade e saúde do proxecto de remodelación da zona recreativa infantil no parque de Castrelos, un dos últimos trámites administrativos previos ao inicio dos traballos, nos que o Concello instará o mes que vén unha tirolina de 40 metros de lonxitude, oito columpios, un trampolín, dous equipos combinados, unha estrutura tridimensional de cortas e ata quince xogos distintos, entre outras melloras.
Ademais, o Concello deu o "pistoletazo de saída á humanización de Manuel Núñez, que xerará uns 45 postos de traballo", adiantou Abel Caballero, que afirmou que se decidiu tamén iniciar a mellora de Robleda, entre os números 52 e 60: "unha obra no centro e unha obra no ámbito más periférico", subliñou.