"AS ILLAS CÍES DE VIGO. AS TÚAS ILLAS",programa municipal de turismo sostible
O Concello de Vigo organiza una experiencia piloto o día 21 de marzo, entre as 10:30 e as 17.00 horas, nas Illas Cies no marco do programa municipal de turismo sostible. A experiencia artéllase en tres rutas:paseos sonoros, arte e descubrindo a natureza.
Paseos sonoros: ¿Como soan as illas? ¿Ata onde chega a nosa relación sensorial coa paisaxe? Aprenderemos a ter outra fotografía do territorio, unha imaxe de 360 graos que chega alí onde a vista non alcanza; e a escoitar a terra, aos seus habitantes e, tamén, a nós mesmos. (70 prazas)
Arte:
Subgrupos
- Debuxo e pintura: A natureza é un modelo que nos fala e nos chama. Saber captala cos nosos ollos e plasmala coas nosas máns é un reto estimulante... (35 prazas)
- Fotografía da natureza: Aquela raiola de luz descúbrenos a pola que agroma, a onda arrola as cores no seu seo, o perfil da rocha co horizonte, o cagrexo baixo o espello da auga... (35 prazas)
Descubrindo a natureza: Descubre como é a vida das illas: dende a beiramar nos restos das mareas até os cantís que contemplan o océano, os sinais que deixan os temporais do inverno, o rastro de animais que se agochan, os avisos do tempo cambiante... (70 prazas)
Participantes:
- Persoas maiores de idade empadroadas en Vigo (autorízase á organización a comprobar tal condición antes de realizar a actividade)
- Menores de idade. Poderán inscribirse os maiores de 10 anos. Deberán de acompañalos e inscribilos os pais ou titores.
Modo e lugar de inscrición: As inscricións realizaranse presencialmente na oficina municipal de información turística, sita en Cánovas del Castillo, 3, (onde se colle o barco para Cíes), en horario de 10:00 a 17:00 horas, de vernes a martes, (neste caso entre o 13 e o 17 de marzo de 2015, ambos inclusive). Os/as non empadroados en Vigo o farán o mércores día 18 de marzo, de quedar vacantes.
Datos obrigatorios de inscrición: Nome completo. DNI (no caso dos menores DNI do/da titor/ra). Teléfono móbil de contacto. Correo-e (opcional). Data de nacemento.
Cada persoa só poderá inscribirse a si mesma, agás no caso de unidades familiares.
A inscrición faise por estrito orde de solicitude.
Descargar todas as imaxes