O Concello colabora nos Concertos Didácticos que ofrece SondeSeu nas parroquias de Vigo
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, saudou este xoves a celebración dunha proposta "lúdica e didáctica" novidosa, que procura "favorecer a integración" da orquestra folc e a cidadanía mediante un concerto con parte teórica no que o público poderá participar e preguntar aos músicos. Con entrada gratuíta, os Concertos Didácticos arrancan este sábado en Cabral e visitarán logo Matamá, Beade e Valladares.
Organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais coa colaboración do Concello de Vigo, a orquestra SondeSeu ofrecerá este sábado, 14 de marzo, ás 20:30 horas no Centro Cultural de Cabral o primeiro dos catro Concertos Didácticos programados, un concepto novidoso que procura aunar música e coñecemento musical mediante unha actuación con parte teórica na que o público asistente poderá plantear as súas preguntas aos músicos.
Durante a presentación desta mañá, o concelleiro de Cultura eloxiou esta "experiencia de éxito" e amosouse convencido de que esta novidosa proposta, coa que o goberno local está "encantado" de colaborar, "ten garantida a afluencia de público e a fidelización en anos sucesivos".
Segundo indicouse na rolda de prensa, nas catro actuacións SondeSeu sumará música e didáctica, contará aos asistentes a traxectoria da formación, entre outras cuestións. "Pretendemos que a cidadanía coñeza máis de como funciona esta orquestra", apuntou Rodrigo Romaní, quen salientou que SondeSeu é o único caso en España dunha orquestra folc organizada e vencellada a unha escola de ensino, a E-TRAD, un modelo "que queremos que coñeza o público".
Despois da primeira cita este sábado no Centro Cultural de Cabral, os Concertos Didácticos que ofrecerá SondeSeu continuarán na Sociedade Cultural Atlántida de Matamá (o 27 de marzo, ás 20:30 horas), no Centro Cultural de Beade (o 24 de abril, ás 20:30 horas) para concluir esta experiencia no Centro Cultural de Valladares (o 29 de maio, ás 20:30 horas).
Descargar todas as imaxes