luns, 9 mar 2015
O alcalde de Vigo anunciou hoxe luns que este ano 2015 serán 459 os alumnos os que terán a oportunidade de gozar dunha estancia en Reino Unido e Irlanda aprendendo inglés. Tal e como explicou o rexedor, desde o ano 2008 son case 2.400 mozos e mozas os que formaron parte do programa Vigo en Inglés.
luns, 9 mar 2015
A Xunta de Goberno local deu luz verde ao plan de seguridade e saúde das obras de mellora da pista deportiva da Praza Mestre Prudencio Rodríguez Dios 1. Estes traballos están incluidos nun plan de renovación de zonas deportivas situadas en distintas zonas da cidade que ascende a 160.000 euros.
luns, 9 mar 2015
Os tres grupos da Corporación acordaron esta mañá denominar Pablo Beiro ao pavillón de Bouzas, en recoñecemento á traxectoria do recentemente falecido edil do Partido Popular. Trátase, explicou o rexedor, dunha "homenaxe da cidade a alguén que tanto fixo polo deporte, sobre todo entre persoas discapacitadas".
luns, 9 mar 2015
Este luns presentouse a primeira edición deste festival do cine e da banda deseñada, un "evento singular e moi especial" que "arrancamos con moito entusiasmo", subliñou o alcalde. Os organizadores explicaron que o Boom! Film vai desde hoxe ata o 12 de marzo coa proxección de 8 películas, mentres que o Boom! Cómic será o 13 e 14 de marzo no Auditorio Mar de Vigo, con presentacións, concursos, espectáculos e exposicións.
luns, 9 mar 2015
O catro veces campeón do Mundo de Triatlón Javier Gómez Noya confirmou a súa participación na terceira edición do DesafíoIslasCíes que se organizará en Vigo o 27 de setembro. Así o avanzou o rexedor esta mañá, logo de manter un encontro cos responsables desta ambiciosa proba deportiva.
luns, 9 mar 2015
A Xunta de Goberno Local, en sesion de 27 de febreiro, aprobou as "Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2015/2016".