Escoitar

O pavillón de Bouzas se chamará Pablo Beiro pola súa contribución ao deporte e á integración

Os tres grupos da Corporación acordaron esta mañá denominar Pablo Beiro ao pavillón de Bouzas, en recoñecemento á traxectoria do recentemente falecido edil do Partido Popular. Trátase, explicou o rexedor, dunha "homenaxe da cidade a alguén que tanto fixo polo deporte, sobre todo entre persoas discapacitadas".

luns, 9 mar 2015
O alcalde deu instruccións para iniciar o procedemento que permita denominar Pavillón Pablo Beiro ás instalacións deportivas de Bouzas. Así o dixo esta mañá logo de avanzar o acordo dos tres grupos políticos da Corporación nun xesto que é a "homenaxe da cidade a alguén que tanto fixo polo deporte, sobre todo entre persoas discapacitadas".

Asimesmo, esta mesma mañá celebrouse unha sesión plenaria extraordinaria para tomar coñecemento do falecemento deste edil do Partido Popular. O alcalde e os voceiros dos tres grupos, Santiago Domínguez, Carmela Silva e José Manuel Figuera transmitiron as súas condolencias á familia do concelleiro e coincidiron ao destacar a súa incansable labor en favor dos discapacitados e do deporte.