Gómez Noya participará na terceira edición do Tritatlón DesafíoIslasCíes o 27 de setembro
O catro veces campeón do Mundo de Triatlón Javier Gómez Noya confirmou a súa participación na terceira edición do DesafíoIslasCíes que se organizará en Vigo o 27 de setembro. Así o avanzou o rexedor esta mañá, logo de manter un encontro cos responsables desta ambiciosa proba deportiva.
Os organizadores do terceiro Triatlón DesafíoIslasCíes confirmaron esta mañá ao rexedor a presencia de Javier Gómez Noya na proba que se organizará en Vigo o próximo 27 de setembro. Segundo detallou o alcalde en posterior rolda de prensa, o catro veces campeón do Mundo de Triatlón acabará a súa competición ao máis alto nivel unha semana antes de participar na de Vigo. Este Medio Iron, no que competiron o ano pasado 500 participantes de toda España, inclúe 1,9 km nadando, 90 km en bicicleta e 21 km de carreira, unha media maratón.
Tamén este verán, pero neste caso o 29 de agosto, organizarase en Vigo a sexta edición da Travesía a nado DesafíoIslasCíes, que consiste en percorrer o traxecto de 10 km que separa as Illas Cíes da praia de O Vao.
Descargar todas as imaxes