O goberno local ofertará 459 bolsas de inmersión lingüística en inglés para 2015
O alcalde de Vigo anunciou hoxe luns que este ano 2015 serán 459 os alumnos os que terán a oportunidade de gozar dunha estancia en Reino Unido e Irlanda aprendendo inglés. Tal e como explicou o rexedor, desde o ano 2008 son case 2.400 mozos e mozas os que formaron parte do programa Vigo en Inglés.
O goberno local ofertará este ano 459 bolsas para que outros tantos estudantes gocen dunha estadía en Reino Unido ou Irlanda aprendendo inglés. Segundo explicou o rexedor, desde o seu inicio en 2008, son case 2.400 alumnos os que se beneficiaron do programa Vigo en inglés no que se investiron máis de 5 millóns de euros.
Tal e como detallou o alcalde, no ano 2008 foron 100 os alumnos que recibiron bolsa, no 2009, o número foi de 125; en 2010, foron 320 alumnos; en 2011, a cifra foi de 512; en 2013, só se ofertaron as da Escola de Idiomas, e en 2014, o número foi de 343 estudantes, ata chegar aos 459 de 2015. Neste punto, Caballero amosou a súa vontade de proseguir co programa, co obxectivo de "poder entregar todas as bolsas que se soliciten".
O rexedor entregará esta tarde os diplomas aos 43 alumnos da Escola Oficial de Idiomas que formaron parte do Vigo en inglés, unha cífra á que hai que sumar as 300 acreditacións que entregou o venres no Auditorio Mar de Vigo aos alumnos da ESO que viaxaron no 2014 para aprender inglés a cargo do Concello.