Escoitar

O Concello adxudica a venda dun solar en Miragaia por case 1,1 millóns de euros

A Xerencia de Urbanismo deste venres tomou coñecemento da adxudicación por poxa pública á alza en sobre pechado dunha parcela municipal na rúa Miragaia, no entorno de Rosalía de Castro, por un importe de 1.096.935 euros máis IVE, a oferta máis alta presentada pola sociedade Unión Hostelera Gallega. Esta cantidade destinaríase a conseguir os terreos da futura Cidade da Xustiza "en caso de que fora necesario", apuntou Caballero.

venres, 6 mar 2015
O alcalde amousóuse "satisfeito" pola venda, que engade 1,1 millóns aos 2,5 millóns da venda de pisos en República Argentina, que irían tamén para a expropiación dos terreos da futura Cidade da Xustiza "en caso de que fora necesario".

Xunto a esta poxa, a Xerencia deu conta da concesión de 20 licencias de obra e outras 4 de actividade para un investimento total próximo aos 2,5 millóns de euros, segundo informou Caballero. Entre as autorizacións destaca o permiso para a construción dun edificio da igrexa evanxélica en Alcabre, por 1,2 millóns, e a ampliación e redistribución que fará a Cruz Vermella do seu edificio de Cánovas del Castillo e Teófilo Llorente, cun importe de case un millón de euros.