Escoitar

O Concello fai entrega dos diplomas aos 300 bolseiros do programa Vigo en Inglés 2014

No Auditorio Mar de Vigo, o alcalde entrega na tarde deste venres os diplomas aos 300 alumnos que participaron o pasado ano no programa de inmersión lingüística Vigo en Inglés, e poideron estudar inglés en cidades do Reino Unido e Irlanda. Caballero cifrou en case 2.400 os estudantes que se beneficiaron desta iniciativa.

venres, 6 mar 2015
Vigo en Inglés permitiu que o pasado ano un total de 300 alumnos recibiran unha bolsa de estudos para aprender inglés no Reino Unido e Irlanda cunha estancia de tres semanas en inmersión lingüística, sumerxíndose na lingua e na cultura, co obxectivo de mellorar as súas competencias no idioma formándose nos institutos locais en réxime de integración escolar.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou o seu "entusiasmo" pola entrega, na tarde deste venres, dos diplomas acreditativos, e valorou que esta iniciativa municipal, impulsada baixo o seu mandato, ten beneficiado ata o momento 2.338 alumnos e alumnas da cidade.