O goberno de Vigo achega máis de 270.000 euros a tres entidades sociais da cidade
Tal e como informou este venres Abel Caballero, o goberno local aprobou a concesión de subvencións a AFAN, Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres e a Fundación Casa da Caridad por un importe total de 270.120 euros. O alcalde recordou que, nos últimos tres anos, as dotacións do Concello para comedores, bolsas de comedor escolar e organizacións sociais pasaron de 1,5 a 4,1 millóns.
Tras a celebración da Xunta de Goberno Local deste venres, o alcalde de Vigo deu conta dos principais asuntos abordados, entre os que destacou a concesión de máis de 270.000 euros para dar cobertura á labor de tres entidades sociais da cidade.
O goberno da cidade aprobou unha achega de 110.000 euros á Asociación Freijeiro de Axuda ao Necesitado (AFAN) para a atención inmediata das necesidades básicas de persoas que o precisa; validou outros 114.120 euros para o sustento do albergue e da casa de acollida dos Hermanos Misioneros dos Enfermos Pobres, que desenvolverá tamén un programa de reparto de alimentos básicos; e, por último, deu luz verde á subvención á Fundación Casa da Caridad – Fogar San José para o mantemento do comedor social A Esperanza e a Unidade de Hixiene Asociada, dotada de 46.000 euros. Estos apoios materializaranse en forma de convenio bianual con cada unha das entidades.
Recordou Abel Caballero que o goberno que encabeza duplicou o gasto en políticas de benestar social nos últimos cinco anos, aumentou nun 105%, é dicir, duplicouse. Ademais, nos últimos tres execicios, so en axudas a comedores sociais, bolsas de comedor escolar e convenios con organizacións sociais, entre outros, o Concello incrementou o seu gasto de un 167% o que supón que case se triplicou.
Robleda e Manuel Núñez
O alcalde tamén informou da aprobación do proxecto de renovación da rúa Robleda, entre os números 52 e 60, por importe próximo aos 30.000 euros, e da validación da reforma da rúa Manuel Núñez, entre as rúas Ecuador e María Berdiales, por un importe de 227.500 euros. Esta rúa, dixo estaba moi abandoada, e a súa humanización será moi "simbólica" polas propias características da rúa "moi estreita, con moito tráfico e moita pendente". Segundo avanzou, vai ser semipeonil -con circulación para residentes- para o que será preciso chegar a un acordo cos taxistas que teñen a parada na zona e desviar o tráfico por Joaquín Loriga.