venres, 13 mar 2015
O alcalde vigués solicitara ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a creación en Vigo dun bosque, toda vez que o goberno autonómico comezou a prantar un en Santiago de Compostela por valor de 300.000 euros. O alcalde ofreceu este venres á Xunta 34 espazos da cidade onde poder prantar ata 17.225 árbores, despois de que Núñez Feijóo afirmase que investiría nun bosque en Vigo se ten os terreos para facelo.
venres, 13 mar 2015
Abel Caballero animou a todo Vigo a gozar do espectáculo que se vai plasmar mañá sábado sobre o edificio do antigo concello, na Praza da Constitución. Trátase, dixo, dun vídeo mapping que se proxectará cada quince minutos desde as 21,00 ata as 23,00 horas. Esta é unha das iniciativas complementarias do Programa de tratamento de medianeiras e outros espezos urbanos.
venres, 13 mar 2015
Abel Caballero deu conta da subvención de 606.039,31 euros para financiar os comedores e as actividades extraescolares dos colexios públicos de Vigo. A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a un convenio con Erguete de 45.000 euros para o programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependientes.
venres, 13 mar 2015
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro cos organizadores da Vig-Bay no que comprobaron que nestes momentos se dan "as mellores perspectivas posibles" para unha das grandes probas de atletismo de España. O ano pasado participaron 5.100 deportistas e este ano, explicou o rexedor, se prevé superar esa cifra na media maratón que se organizará o próximo domingo 21 de marzo.
venres, 13 mar 2015
O goberno de Vigo abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto,"LIDERADO FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN" As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo. Inscrición previa desde o día 13 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h. Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .<br />
<br />
Experiencia piloto do día 21 de marzo de 2015, entre as 10:30 e as 17:00 horas
venres, 13 mar 2015
O Concello de Vigo organiza una experiencia piloto o día 21 de marzo, entre as 10:30 e as 17.00 horas, nas Illas Cies no marco do programa municipal de turismo sostible. A experiencia artéllase en tres rutas:paseos sonoros, arte e descubrindo a natureza.