210 persoas viaxarán ás Cíes o 21 de marzo nun proyecto piloto de promoción turística en tempada baixa
O alcalde avanzou esta mañá unha xornada experimental de turismo en Cíes que se vai organizar o día 21 de marzo e na que poderán participar 210 persoas. O obxetivo é evaluar e adaptar as actividades que finalmente van vertebrar o proxecto deseñado polo Concello de levar turistas ás Illas fóra de tempada.
O sábado 21 de marzo 210 persoas tomarán o barco rumbo a Cíes para participar nunha experiencia piloto que prevé levar turistas ao parque en tempada baixa. Tal e como explicou o rexedor, o obxectivo desta xornada experimental é evaluar e adaptar o proxecto, mellorando a súa operatividade. Das prazas disponibles para participar nas actividades vencelladas á natureza, 70 son para participar nos paseos sonoros, 35, para os cursos de debuxo e pintura, mentres que outras 35 son para facer fotografías. Outros 70 turistas observarán flora e fauna, ademáis de restos de temporais e mareas.
Todos aqueles interesados en formar parte deste proxecto deben formalizar a súa inscripción na oficiña de información turística de Cánovas del Castillo, entre o día 13 e o 17 de marzo, ambos inclusive.
Todos aqueles interesados en formar parte deste proxecto deben formalizar a súa inscripción na oficiña de información turística de Cánovas del Castillo, entre o día 13 e o 17 de marzo, ambos inclusive.