O goberno local e o Celta consultarán á cidadanía a cor do exterior do estadio de Balaídos
O alcalde mantivo este xoves unha reunión con representantes da federación de peñas e da directiva do RC Celta, tras a que Caballero indicou que "queremos unha participación activa" da cidadanía sobre o aspecto exterior do estadio tras a súa reforma. No próximo partido, este sábado ás 22 horas, os afeccionados poderán decantarse por unha das sete cores propostas nas urnas habilitadas ao efecto.
En declaracións aos medios, Caballero adiantou que os afeccionados e interesados na votación poderán participar sinalando a súa opción preferida para o exterior do estadio nuns cartóns a depositar nalgunha das urnas habilitadas en todas as bancadas, cores que van desde o azul celeste ata branco ou gris. Peñas do Real Club Celta de Vigo tamén están a repartir os cartóns entre os seus afiliados.
O alcalde indicou que os traballos de reforma do estadio avanzan "a bo ritmo" e subliñou que esta obra "é un proceso que marca historia na cidade, ten unha enorme importancia", como amosa a "reacción extraordinaria" tanto no "apoio inmenso" dos vigueses á mesma como na consecución dos fondos para afrontala. Neste sentido, Caballero explicou que o Concello de Vigo, propietario do estadio, lidera o proceso, que inclúe a participación do propio RC Celta e da Deputación de Pontevedra, institución que recibirá o proxecto de remodelación "a proxima semana", segundo estimou o rexedor, o que permitirá a sinatura do convenio entre as partes.
Abel Caballero recordou que actualmente hai obras nas bancadas de Río e Preferencia, esta ultima xa pechada ao público. O resto da reforma de Río e o inicio de Tribuna serán licitadas "en moi pouco espazo de tempo" e, entón, estará contratada a reforma do 65% do aforo do estadio municipal de Balaídos, concluíu o alcalde.
Descargar todas as imaxes