Escoitar

O Concello convertirá en semipeonil a rúa Don Bosco para "seguir a dinamizar o centro da cidade"

Caballero informou hoxe mércores de que o treito da rúa Don Bosco que está a ser humanizada entre Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, pasará a ser semipeonil cunha velocidade máxima para vehículos de 20km/h. O obxectivo do Concello, dixo, é conxugar neste entorno ocio e comercio para "seguir a dinamizar o centro da cidade", coincidindo coa apertura do renovado Mercado do Progreso, estimada para mediados de abril.

mércores, 11 mar 2015
1426082569bosco.JPG
O Concello de Vigo está a humanizar a rúa Don Bosco, entree Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, un tramo que convertirá en semipeonil, con prioridade para os peóns e un límite de velocidade para os vehículos de 20 quilómetros por hora. Tal e como explicou Caballero durante a visita á obras, trátase de crear un espazo de ocio e comercio para a cidadanía que permita "seguir a dinamizar o centro da cidade", aproveitando a apertura -datada para mediados do mes de abril- do renovado Mercado do Progreso.

Na reforma do citado vial, o goberno da cidade adica máis de medio millón de euros e incluirá iluminación LED de baixo consumo, arborado e xardineiras, bancos e novas papeleiras, ademais de renovar as redes de servizos soterradas: abastecemento, saneamento e pluviais.

Seguindo con obras na cidade, o rexedor tamén deu conta a aprobación do plan de seguridade e saúde, e do plan de xestión de residuos das obras de renovación de resdes de abastecemento e saneamento no casco urbano. Por unha banda, humanizaránse Marqués de Valterra e Baixada ao Pontillón, cun importe de 163.000 euros e a rúa Numancia e as súas sete travesías, cun orzamento que se eleva a 370.000 euros.

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria deu luz verde tamén aos proxectos técnicos de reforzo da capa de rodadura do firme nas seguintes rúas: Álvaro Cunqueiro (115.000 euros); Avenida de Buenos Aires (120.000 euros) e rúa Cañiza (81.500 euros). O prazo de execución é dun mes.

En declaracións aos medios, o alcalde lembrou que desde 2008, humanizáronse máis de 600 rúas o que supón "unha revolución e unha forma distinta de entender a cidade". Ademais de mellorar as rúas, esta política permite crear postos de traballo na cidade.
Descargar todas as imaxes