O Concello eloxia a "aposta pola creación e difusión da cultura" que propón EXplurART
O edil de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou este mércores na presentación da terceira edición da Exposición Plural das Artes, "un espazo de converxencia para todas as artes" que ten lugar do 16 de marzo ao 16 de abril. EXplurART é unha iniciativa do Conservatorio Superior de Música que conta coa colaboración do Concello de Vigo.
Durante o acto de presentación da terceira edición da Exposición Plural das Artes, programa creado e dinamizado polo Conservatorio coa colaboración do Concello de Vigo, Cayetano Rodríguez salientou que EXplurART é un "espazo de converxencia para todas as artes, con artistas, profesorado e alumnos; un espazo no que conviven as ensinanzas e a creación artística, un proxecto para a investigación e propoñer novas fórmulas de participación, interacción e creación" .
"O Conservatorio Superior de Música de Vigo presenta este proxecto en colaboración con todos os centros artísticos, nunha nova aposta pola creación e difusión da cultura, promovendo a pluralidade artística, un dos valores desta exposición, nunha confluencia de artistas sonoros, pintores, actores, escultores, músicos de jazz, rock, clásico, contemporáneo, experimental… que se celebrará na nosa cidade do 16 de marzo ao 16 de abril, co Auditorio Martín Códax (r/ Manuel Olivié, 23) como sede fundamental", afirmou o concelleiro de Cultura. A entrada a todos os espectáculos será gratuíta ata completar aforamento.
Para o goberno de Vigo, proseguíu Rodríguez, é "un privilexio" participar nun programa q obtivo o "recoñecemento" de crítica e público nas dúas primeiras edicións, convertendo a EXplurART "nun evento de referencia non só nesta cidade", senón tamén en Galicia e España.
O cartel conta con concertos de improvisación libre, exposicións, actuacións de distintas formacións e variados estilos, charlas coloquio e espectáculos teatral-poético-musicais, entre outras propostas.
Descargar todas as imaxes