Escoitar

O Concello estuda asociarse a ERTICO, organismo europeo especializado en sistemas de transporte intelixente

Caballero manterá esta tarde un encontro con responsables da asociación ERTICO que proporán a Vigo sumarse a este organismo, con sede en Bruxelas, especializado en sistemas de transporte intelixente. Vigo xa é cidade piloto de dous dos seus proxectos de smart cities: o Compass4D e o CO-GISTICS.

mércores, 11 mar 2015
O goberno local estuda incorporarse a ERTICO, asociación fundanda en 1991 e con sede en Bruxelas, que recolle aos principais actores europeos involucrados nos sistemas de transporte intelixente. Tal e como explicou Caballero en rolda de prensa, esta tarde de mércores vai manter un encontro con responsables deste organismo, que lle trasladarán o seu interese por incorporar a Vigo como cidade asociada, tal e como xa figuran países Austria, Bélgica, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, Alemania ou España, a través da DGT.

En todo caso, detallou o rexedor, Vigo xa é piloto en proxectos como Compass4D ou CO-GISTICS. Este último, no que participamos xunto con cidades como Arad (Rumanía); Bilbao, Burdeos, Frankfurt, Tesalónica ou Triestre, trátase dunha iniciativa de eficiencia enerxética do transporte que consiste en dotar aos camións de artefactos con localizador aos que se lles van transmitindo as mellores rutas para circular. O obxectivo é, dixo, conseguir un transporte de mercadorías máis eficiente a través da interacción dos datos que facilitan os transportistas coa disponibilidade máis eficientes do sistema de transportes.

Cogistics proxecto europeo Arad, proxecto organizativo de eficiencia enerxética do transprote vigo é cidade piloto. Dotamos aos camións dun artefacto con localizador os lugares prar tramisitlle os mellores rutas dun artefacto conectado que o transprote de mercadorías sexa máis eficiente a través da interacción dos datos que nos dan os transportistas as disponibilidades máis eficientes do sistema de transporte.