Volotea anuncia o seu interese por reforzar a súa presencia no aeroporto de Vigo en 2016
O rexedor avanzou esta mañá que se iniciaron as conversas para que Volotea reforce a súa presencia en Vigo a partir de 2016. Tal e como lle transmitiu o director xeral da compañía, as rutas que operan desde Vigo están consolidándose polo que xa se prantexan aumentar a oferta de prazas. <br />
O alcalde mantivo esta mañá de mércores un encontro co director xeral de Volotea, Lázaro Ros, quen lle deu conta da "boa marcha" da súa operatividade en Vigo, un resultado tan "esperanzador" que a compañía propón reforzar a súa presencia aumentando o número de prazas ofertadas en 2016. Non so se consolidaron rutas como Ibiza ou Valencia, explicou o rexedor en posteriores declaracións, senón que Volotea quere ampliar a súa presenza en Vigo a partir de 2016. Caballero sumou a esta "boa nova", a implantación en Peinador de Ryanair, Air Nostrum, Iberia Express ou Vueling o que convirte a Vigo nun aeroporto con "moi boas expectativas". Resaltou a importancia desta situación porque "se o aeroporto vai ben, a cidade tamén", concluíu.
Descargar todas as imaxes