Escoitar

Cinco propostas de traballo escénico para o venres

O ALT.15 - Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo- propón para o venres 13, cinco accións de teatro, danza e cine.

xoves, 12 mar 2015
1426165144alt.jpg
O programa xeral do festival comeza o xoves 12, no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1), coa estrea absoluta dunha peza íntima de danza da compañía portuguesa Circolando, coa creación coreográfica de Claudia Figueiredo & André Braga, "Paus e petalas", obra que conta cunha participación singular e persoal do fillo de ambos.

O vernes 13, preséntanse 5 traballos escénicos de distinta condición, formato e risco.

Karla Kracht & Andrés Beladíez, volven a presentar un traballo no ALT, en estrea mundial, despois de telo feito hai dous anos coa obra "2062"…unha historia realizada novamente en LIVE CINEMA, que terá lugar no espazo 1 da Casa das Artes.

Anómico teatro, compañía galega de nova creación, apoiada polo ALT.15, estrea no Marco (r/ Príncipe, 54) "Preferiría non facelo" que, partindo da famosa frase do escribinte Bartleby, vannos presentar un poema político, onde o texto ocupa un lugar determinante.

Guillermo Weickert & Alejandro Rojas Marcos, andaluces, bailarín e músico respectivamente, presentan a súa peza de improvisación musical danza "iusisusu?", en colaboración co Conservatorio Superior de Música de Vigo, tendo lugar no Auditorio Martín Códax (r/ Manuel Olivié, 23).

No MARCO, o sábado 14, Physical Momentum Project, unha compañía de orixe mexicana, actualmente afincada en Barcelona, presentan unha peza de danza curta para espazos urbanos, "postskriptum"; namentres que, Colectivo Cinema Sticado, colectivo galego vinculado ao audiovisual e ás artes performativas, farán a súa estrea absoluta no festival presentando o seu primeiro traballo escénico, "STRPTS// episodio 1 Mirlo & Rula".

O propio sábado no Auditorio Municipal, Matarile Teatro re-estrea o seu último traballo, un delirio escénico de Baltasar Patiño e o músico Nacho Sanz, un concerto performativo danzado ampliado e mellorado desde a súa estrea no festival FITO de Ourense.

O domingo 15, Pierr Rigal / Cie. Derniere Minute de Francia pechan o ciclo de funcións no Auditorio Municipal con "Bataille", unha peza creada polo recoñecido coreógrafo francés onde implica na escena a un home do circo e a un percusionista físico; Cristina Blanco, pecha o programa do MARCO co traballo "El agitador vortex".

O prezo da entrada para cada espectáculo será de 5 €, salvo excepcións indicadas no programa, podendo adquirirse nos propios espazos dende 45 minutos antes do comezo de cada función, ou ben reservarse telefónicamente no 655.096.646 (de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h).
Descargar todas as imaxes

Máis información