Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 12 mar 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 13 DE MARZO DE 2015.



1.- Acta da sesión ordinaria e dúas extraordinarias e urxentes do 27 de febreiro de 2014.


BENESTAR SOCIAL
2.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención á Asociación Érguete para a realización da actividade do Programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependentes. Expte. 103510/301.

3.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Benestar Social durante os meses de xaneiro e febreiro de 2015. Expte. 104667/301.

4.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención a "Asociación Vida Digna" para o mantemento dun comedor social e dispensación de axudas de alimentos a persoas e familias en situación ou risco de exclusión social 2015-2016. Expte. 103896/301.

5.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención a "Fundación Provincial Banco de Alimentos" para a atención das necesidades básicas dos centros específicos para persoas en estado de necesidade. Expte. 103895/301.

COMERCIO
6.- Proposta de adxudicación dos postos no Mercado do Progreso. Expte. 5472/551.

CONTRATACIÓN
7.- Devolución de fianza a favor de Plus Ultra Seguros. Expte. 5150/241.

8.- Correción de erros no acordo da X.Goberno do 21.11.14 de adxudicación do procedemento aberto para a contratación das obras de mellora da rede separativa de pluviais e renovación de pavimentos peonís e rodadura en diversas rúas. Expte. 2501/440.


CULTURA, FESTAS E MUSEOS
9.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Área de Cultura, Festas e Museos durante o mes de xaneiro e febreiro de 2015. Expte. 437/330.

10.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitado polo Servizo de Festas durante o mes de febreiro de 2015. Expte. 6005/335.

DEPORTES
11.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención á entidade Halcones de Vigo Béisbol Club en base ao desenvolvemento do proxecto xeral de actividade da entidade considerada de élite na tempada deportiva 2014-2015. Expte. 13885/333.

12.- Proposta de autorización para a organización do "XVI Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike-Vigo Constest-Enduro". Expte. 13915/333.

EDUCACIÓN
13.- Proxecto de convenio para a concesión dunha subvención á Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de alumnos/as de Vigo e comarca (FOANPAS) para o ano 2015. Expte. 16819/332.

14.- Dar conta de dúas renuncias e proposta de incorporación da lista de agarda de bolseiras para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da EOIV, curso 2014-2015. Expte. 16332/332.

15.- Expediente de contratación, por procedemento aberto, de servizos para a xestión parcial, docencia e desenvolvemento da Escola municipal de Teatro de Vigo. Expte. 16769/332.

ELECTROMECÁNICOS
16.- Expediente de contratación, por procedemento aberto, de servizos de mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneis, pasos inferiores e galerias de servizos da Cidade de Vigo. Expte. 15341/444.

EMPREGO
17.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego durante os meses de xaneiro e febreiro de 2015. Expte. 11663/77.


IGUALDADE
18.- Cesión temporal da vivenda municipal, indentificada no Rexistro de entidades prestadoras de Servizos Sociais co número F-00473-C-006. Expte. 6693/224.

OSPIO
19.- Programa de traballo e Plan de control de calidade das obras "Humanización das rúas baixada a Ríos e rúa Doutor Corbal". Expte. 2864/443.

20.- Programa de traballo e Plan de control de calidade da obra "Humanización avda. de Castrelos, entre avda. Portanet e Clara Campoamor". Expte. 2865/443.

POLICÍA LOCAL
21.- Proposta para a incoación de dilixencias informativas de carácter reservado a funcionario da Policía Local. Expte. 43377/212.

RECURSOS HUMANOS
22.- Proposta para aprobar a bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos previstos no art. 10.1 da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), como diplomados/as en traballo social. Expte. 26376/220.

23.- Proposta para aprobar a bolsa de emprego que permita os nomeamentos interinos previstos no art. 10.1 da lei 7/2007 (EBEP), como auxiliares administrativos/as. Expte. 26378/220.

24.- Bases reitoras do proceso selectivo para formación dunha bolsa que permita os nomeamentos interinos previstos no art. 10.1 da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), como oficiais pavimentadores. Expte. 26288/220.

25.- Execución de títulos xudiciais 341/2014 do Xulgado do Social nº 5 de Vigo, nos Autos 102/2011,en materia de cantidades (Rosa Mª Molinos Campos). Expte. 26385/220.

26.- Produtividade por encomendas de funcións a diversos funcionarios- 4º trimestre 2014. Expte. 26256/220.

27.- Produtividade por diferencia de funcións de persoal do Servizo de Extinción de Incendios (Sentenza 177/2005, do 24 de maio). Expte. 26276/220.


28.- Dar conta á X.G.L. das seguintes resolucións:

a) Traslado provisional do empregado D. José Luis Pérez López ao Arquivo Municipal. Expte. 25917/220.

b) Nomeamento interino por acumulación de tarefas (art. 10.1 d). EBEP), dunha auxiliar de Admón. Xeral para o servizo de Benestar Social, por un período máximo de seis meses. Expte. 26098/220.

29.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas (art. 10. 1 d). EBEP), dun oficial sepultureiro para o servizo de Cemiterios, por un período máximo de seis meses. Expte. Núm. 25785/220.

30.- Rectificación erro aritmético en Exptes.: 25095-220 e 26180-220 sobre recoñecemento de grao persoal. Expte. 26301/220.

SEGURIDADE
31.- Devolución de fianza á Irmandade de Devotos de San Roque. Expte. 90233/210.

SERVIZOS XERAIS
32.- Proposta para encargar á Aqualia-FCC a redacción do proxecto para a "Ampliación de telecontrol na EBAR Calzoa, en Coruxo". Expte. 3134/440.

33.- Proposta para encargar á Aqualia-FCC a redacción do proxecto "mellora da drenaxe da rúa Arenal, entre os números 88 e 96". Expte. 3135/440.

34.- Proposta para encargar á Aqualia-FCC a redacción do proxecto "Ampliación e mellora da EBAR de Teis". Expte. 3133/440.

35.- Proposta para encargar á Aqualia-FCC a redacción do proxecto "Mellora da rede de saneamento nas rúas lotas e Brea". Expte. 3132/440.

36.- Proxecto para as obras de "Reparación de noiro e construcción de novo muro de soporte no cño. Portiño". Expte. 3079/440.

TESOURERÍA
37.- Proposta para iniciar e desenvolver o procedemento administrativo de constrinximento de cotas impagadas por consumos de auga nos anos 2011-2012. Expte. 25909/700.

38.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 13 de marzo de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 11 de marzo de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.