O goberno local adica máis dun millón de euros a sufragar as 459 bolsas de Vigo en inglés 2015
O programa Vigo en inglés 2015 ofertará 459 bolsas de inmersión lingüística o que suporá un investimento de 1.032.000 euros. Tal e com explicou o rexedor, este ano adxudicaránse 116 prazas máis que o ano anterior. <br />
O goberno local deu luz verde ás bases e á convocatoria do programa Vigo en inglés 2015. Serán 459 bolsas, 116 máis que en 2014, das que 416 son para alumnos de 3º da ESO e 43 para os estudantes da Escola de Idiomas. O importe desta iniciativa, segundo explicou o rexedor, ascende a 1.032.000 euros.
Na mesma Xunta Local de Goberno deuse luz verde á comisión de selección de persoal traballador beneficiario da primeira convocatoria do programa Vigoemprega. Son 140 postos de traballo, cun orzamento de 940.000 euros e contratos de 6 meses de duración. O proceso de selección durará 8 ou 10 días, segundo avanzou Caballero. Ao mesmo tempo, tamén se está a tramitar a segunda convocatoria deste plan de emprego, que permitirá contratar a outras 74 persoas, neste caso cun orzmento de 540.000 euros.
En total, o programa permitirá crear 214 empregos e suporá ás arcas municipais 1,5 millóns de euros, que servirán para contratar capataces de albañilería, oficiais de albañilería, conductores, palistas, fontaneros, electricistas, xardineiros, pintores, carpinteiros, canteiros, mecánicos e peóns.