Escoitar

O Concello adica máis de 600.000 euros a sufragar comedores e actividades de FOANPAS

Abel Caballero deu conta da subvención de 606.039,31 euros para financiar os comedores e as actividades extraescolares dos colexios públicos de Vigo. A Xunta de Goberno tamén deu luz verde a un convenio con Erguete de 45.000 euros para o programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependientes.

venres, 13 mar 2015
O goberno local aprobou o proxecto de convenio para a concesión dunha subvenión á Federación Olívica de Nais e Pais de alumnos de Vigo e comarca (FOANPAS) para 2015. Cun importe de 606.039,31 euros, financiaránse bolsas de comedor de 2.300 escolares, ademais das actividaes extraescolares e das aulas matinais dos colexios públicos de Vigo. En total, dixo o rexedor, outorgamos 5.000 bolsas de comedor -tamén en centros concertados- e, por primeira vez, non hai listas de agarda. Continuando coa política social, a Xunta de Goberno aprobou unha subvención de 45.000 euros para o programa de pisos de apoio a drogodependientes de Érguete. Tamén se aprobaron convenios bianuais con Vida Digna, por 90.000 euros, e coa Fundación Provincial Banco de Alimentos, por 86.000 euros.

Caballero tamén deu conta das humanizacións das rúas Baixada a Ríos e Doutor Corbal, así como da Avenida de Castrelos, entre avenida Portanet e Clara Campoamor. Asimesmo, deuse luz verde á mellora da rede de saneamento de Lotas e Brea e da reparación do noiro e construcción dun novo muro de soporte no camiño Portiño.

Xerencia
Na Xerencia de Urbanismo, indicou Caballero, adxudicouse unha nova vivenda de República Arxentina por valor de 133.000 euro, unha cifra que eleva a 2.715.522 euros o ingreso acumulado pola venta de pisos, ao que hai que sumar máis dun millón de euros pola venda doutra parcela. Deste xeito, puntualizou, o Concello dispón de máis de 4 millóns de euros para expropiar os terreos da Cidade da Xustiza o que garente o proxecto. Caballero criticou, sen embargo, a ausencia da partida orzamentaria da Xunta para a construcción do edificio, a pesar de ser unha competencia autonómica.

O rexedor tamén deu conta da aprobación inicial do estudo detalle da parcela ubicada na Avenida Atlántida, entre os números 107 e 109, así como da concesión de 20 licenzas de obra e 6 de actividade para un investimento de 853.719 euros. Entre as autorizacións destaca a concedida a Benteler Automotive Vigo para a realización de distintas obras na percela que ocupan no PTL para poder incrementar a súa produción.