Obradoiro "Liderado feminino a través da comunicación"
O goberno de Vigo abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto,"LIDERADO FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN" As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo. Inscrición previa desde o día 13 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h. Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .<br /> <br />
Obradoiro: " LIDERADO FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN".
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: mellorar a capacidade do liderado feminino a través dunha comunicación eficaz.
Contidos:
Perder o medo a falar en público.
Aprender a comunicar con éxito, aproveitando as nosas habilidades e adquirindo outras novas.
Falar para convencer.
Coñecer o noso potencial e sacarlle o mellor partido: a voz, a imaxe, as capacidades emotivo comunicativas, a capacidade de empatía e escoita.
Exercer o liderado dede nós mesmas.
Crear sororidade.
Identificar os liderados masculinos e femininos na nosa contorna.
O desenvolvemento do programa constará de 15 horas en total, distribuídas en 6 sesións de 2,5 horas de duración cada unha.
Periodo e horario: os xoves desde o 9 de abril ao 14 de maio de 18:00h a 20:30 h.
Máis información: www.igualdadevigo.org