Escoitar

O alcalde invita a gozar mañá sábado do video mapping que se proxectará na Praza da Constitución

Abel Caballero animou a todo Vigo a gozar do espectáculo que se vai plasmar mañá sábado sobre o edificio do antigo concello, na Praza da Constitución. Trátase, dixo, dun vídeo mapping que se proxectará cada quince minutos desde as 21,00 ata as 23,00 horas. Esta é unha das iniciativas complementarias do Programa de tratamento de medianeiras e outros espezos urbanos.

venres, 13 mar 2015
1426266239medianeras.JPG
O alcalde visitou esta mañá no Calvario e no Colexio Illas Cíes os obradoiros escolares que se están a realizar con motivo do Programa de tratamento de medianeiras e outros espazos urbanos. Tal e como explicou o rexedor na posterior rolda de prensa, os alumnos están a realizar pinturas que logo darán forma a un mural que se exhibirá no centro educativo. Mañá sábado, estes obradoiros de arte urbano serán pola tarde na Porta do Sol, o domingo pola mañá en Navia e o luns e martes pola mañá en Coia e Teis, respectivamente. Son catro os centros educativos que participan no programa: Pintor Laxeiro, Altamar, Illas Cíes e Beade.

Mañá sábado, precisou o alcalde, terá lugar na Praza da Constitución unha proxección dun vídeo mapping sobre o edificio do antiguo concello. O vídeo mapping é unha técnica que consiste na proxección de vídeo en obxectos ou superficies irregulares, que coa utilización dun software especializado proxecta imaxes de varias dimensións, sobre edificios, poidendo crear tamén ilusións ópticas ou nocións de movemento en obxectos estáticos. Haberá proxeccións cada 15 minutos, entre as 21,00 e as 23,00 horas.

Ademais, hoxe arrancan tamén as actividades complementarias deste programa que combina arte, música e mocidade. O grupo de danza moderna Vikul actuará esta mesma tarde frente ao Mercado de O Calvario, mañá sábado será Cencerro Nejro (música acústica) na Porta do Sol, o domingo regresará Vikul, nesta ocasión, a Bouzas e o luns 16 de marzo, en Coia, estará o grupo Sete Cuncas.

Segundo indicou o rexedor, a plasmación das medianeiras e outros espazos comezará o xoves 19 de marzo.
Descargar todas as imaxes