Escoitar

CALENDARIO DO CONTRIBUÍNTE PARA O ANO 2015

venres, 13 mar 2015
De conformidade co disposto no apartado 3º do artigo 62 da Lei Xeral Tributaria e 36 da Ordenanza fiscal xeral do Concello de Vigo, a concelleira delegada de economía e facenda do Concello de Vigo, por resolución de data 9 de marzo de 2015, a proposta da tesourería municipal, RESOLVEU:

Fixar como datas de comenzo e final de cobranza, en período voluntario, dos padróns de tributos de cobro periódico e notificación colectiva correspondentes ó exercicio 2015 (calendario do contribuínte para o ano 2015), así como as datas para o cargo en conta dos recibos domiciliados nas entidades financeiras, as seguintes:

PRIMEIRO TRIMESTRE:

 Imposto vehículos de tracción mecánica (IVTM).

- Data de comenzo do período voluntario: 1 de abril de 2015.
- Data de finalización do período voluntario: 5 de xuño de 2015.
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de xuño de 2015.

SEGUNDO TRIMESTRE:

 Taxa pola recollida do lixo nas vivendas.

- Data de comenzo do período voluntario: 1 de xuño de 2015.
- Data de finalización do período voluntario: 5 de agosto de 2015.
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de agosto de 2015.

 Exaccións unificadas industriais (Lixo industrial).

- Data de comenzo do período voluntario: 1 de xuño de 2015.
- Data de finalización do período voluntario: 5 de agosto de 2015.
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de agosto de 2015.

TERCEIRO TRIMESTRE:

 Imposto sobre bens inmobles (IBI).

- Data de comenzo do período voluntario: 1 de setembro de 2015.
- Data de finalización do período voluntario: 5 de novembro de 2015.
- Data de cargo en conta dos recibos domiciliados: 5 de novembro de 2015.

 Imposto sobre actividades económicas (IAE).